Bubela (Upupa epops), a fermosa migrante euro/africana
A bubela, unha das máis fermosas aves da nosa fauna
Esta semana tiven a sorte de cruzarme con bubelas (Upupa epops) en Porto do Son e na Estrada. Esta ave é moi doada de identificar polo peito laranxa, as listas brancas e negras no lombo e a súa chamativa crista coas puntas negras. A bubela (Upupa epops) e úna fermosa migrante euro/africana. Soe pasar os invernos ao sur do Sahara e volta a Europa a finais do inverno, ou primeiros de primaveira, para criar. Aínda que tamén hai individuos residentes todo o ano.
Técnicas de caza propias de especies limícolas
A bubela emite un característico son "up up up" ao que debe o nome do xénero "upupa". É frecuente vela pousada no chan peiteando o terreo á busca de todo tipo de invertebrados co cal é unha magnífica aliada do agricultor. A súa técnica de alimentación é moi similar á que podemos ver en especies limícolas como pilros ou píllaras.
Unha posta numerosa
Para criar a bubela (Upupa epops) elixe un burato nunha árbore, ou nunha edificación, onde constrúe o seu niño. A posta pode chegar aos 10 ovos. Os polos tardan case un mes en voar, no caso de verse ameazados desprenden unha secreción pestilente coa que intentan facer desistir aos seus potenciais predadores. A finais do verán, ou primeiros de agosto, adultos e máis as novas xeracións emprenderán de novo a viaxe a África para seguir co eterno ciclo vital da especie.