Cada vez que se achega o verán moitos concelleiros municipais, ansiosos por agradar ao turista, din que hai que limpar a praia. Como non saben moi ben do que están a falar, chaman a unha empresa para que pase unha cribadora que extrae o verdadeiro lixo (plásticos, cabos, envases…), pero tamén as algas. Isto converte un ecosistema vivo, como é unha praia, nun simple contenedor de area estéril.
Beneficios das algas
As algas que chegan ás praias coas mareas sirven de alimento e refuxio a moitos invertebrados. Algúns deles protexidos pola lexislación ambiental, e todos cunha enorme importancia ecolóxica. Estes invertebrados son a comida das aves que viven nas praias ou que paran para descansar nas súas viaxes migratorias.
Ademais, as algas, unha vez degradadas, tamén proporcionan nutrientes á vexetación e fungos das dunas. As dunas, onde non foron destruídas por paseos marítimos e outras construcións, son hábitat de numerosas especies animais, vexetais e fungos.
Entón, como se limpa unha praia?
Unha praia é un ecosistema vivo e as algas non son lixo senón un elemento imprescindible. Débese evitar a limpeza mecánica. As cribadoras eliminan o lixo pero tamén as valiosas algas. A ÚNICA LIMPEZA VERDADEIRAMENTE ECOLÓXICA E RESPECTUOSA CO MEDIO AMBIENTE É A MANUAL. Esta limpeza retira o lixo contaminante e respecta as algas e outros elementos naturais das praias como cunchas, paus e incluso as pedras.
Tamén é necesario educar aos usuarios/as das praias. Deben entender que están en plena natureza e que, do mesmo xeito que a ninguén se lle ocurriría sacar as follas do monte, non é lóxico esterilizar as praias.
Que chula está esta web, a seguir. Parabéns pola iniciativa!
Moitísimas grazas!!!