Tiempo de lectura: < 5 minutos

Voitres leonados na Serra do Barbanza

Post modificado el 11 Marzo, 2022

Ninguén espera ver voitres leonados na Serra do Barbanza, costa sur da provincia da Coruña, pero o certo é que nos últimos anos non son excepcionais os avistamentos dunha das aves mais grandes que se poden ver en toda a Península Ibérica.

Voitre leonado (Gyps fulvus) sobrevoando Portosín
Voitre leonado na Serra do Barbanza (Gyps fulvus) con Portosín ao fondo.

Grupo duns 30 voitres leonados na Serra do Barbanza

Estabamos paseando pola Serra do Barbanza cando, ao lonxe, vimos planear un grupo dunhas 30 aves de grande tamaño. A distancia era moi grande e custaba distinguilas, aínda que estaba claro que gaivotas non eran. Achegámonos un pouco máis e puidemos comprobar que eran voitres leonados (Gyps fulvus). A verdade, un imaxina a estas aves noutras zonas, polo que era un pouco raro velos planear coa Ría de Muros e Noia ao fondo, aínda que, como dixen antes, esta estampa cada vez comeza a ser máis frecuente en toda Galicia.

Voitres leonados gyps fulvus pousados nun eucalipto
Voitres leonados pousados nun eucalipto dun monte de Porto do Son

Como se achegaba a noitiña, uns voitres comezaron a pousar nas rochas dun monte de Porto do Son, outros nas árbores. Cando se ocultaba o sol por detrás de Muros e Carnota, só quedaban un par de aves planeando, seguramente coa esperanza de atopar un animal morto co que poder ir a durmir coa barriga chea. Alí pasaron a noite e, pola mañanciña, marcharon a seguir peiteando centos de quilómetros na busca de alimento. Sen deixar rastro, coma se o seu paso pola Serra do Barbanza fose un soño.

Voitres leonados pousados nunhas rochas en Porto do Son
Cinco dos voitres leonados (Gyps fulvus) pousados nunhas rochas en Porto do Son (Serra do Barbanza)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

linkedin facebook pinterest youtube rss twitter instagram facebook-blank rss-blank linkedin-blank pinterest youtube twitter instagram